Monday 29 de April de 2024

Excelente resultado de DAMIÁN IGLESIAS no TORNEO INTERNACIONAL DE LOITAS OLÍMPICAS, celebrado este pasado fin de semana en TALLÍN (ESTONIA)


Damián Iglesias (Club de Loita Touro), e que actualmente está becado e adestrando no CTD Illes Balears, de Palma de Mallorca, firmou a mellor actuación dos deportistas desprazados a Tallín (Estonia), para participar no torneo internacional celebrado este pasado sábado 7 de Abril.

Damián Iglesias, viaxou grazas a colaboración da Federación Balear de Loitas Olímpicas, co combinado de deportistas do grupo de rendemento que adestran as ordes de Eusebio Capell e Vicente Lillo. Este gran resultado, da un novo pulo o deportista de Loxo (Touro), de cara as vindeiras citas internacionais.